Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Convocados os 5.000 afectados polas Preferentes na Costa da Morte para unha nova reunión en Camariñas

Convocados os 5.000 afectados polas Preferentes na Costa da Morte para unha nova reunión en Camariñas
Afectados polas Preferentes nunha manifestacion en Santiago

Continúa aberta a loita contra o fraude das Preferentes na Costa da Morte. Hoxe luns, Camariñas acolle unha xuntanza aberta que artella a Plataforma de Afectados polas Preferentes da Costa da Morte apoiada pola entidade semellante da Coruña e Comarca.

A reunión informativa será este luns 15 de outubro ás 19:00h na Casa de Pedra de Camariñas, e centrarase nos produtos de NCG e as vías abertas e posibles para recuperar os aforros inmobilizados actualmente.
Ó mesmo tempo para será un acto de consolidar a "Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas da Costa da Morte" nas comarcas de Bergantiños e Soneira, xa que nas últimas semanas estase a experimentar un repunte de afectados que demandan información das posibles solucións á problemática derivada, sendo numerosas as consultas e reclamacións formuladas por estes a través das oficinas de consumo dos Concellos.

I é que a Costa da Morte, segundo as estimacións dos afectados pode andar arredor do 5% do total de afectados en Galicia, sendo entre 2.000 e 5.000 (aínda as cifras non se poden saber con certeza pois hai moita xente que non sabe que está afectada) dos 100.000 aforradores afectados que pode haber en todo o país.

As vías contra o "corralito galego"

Neste contexto o Concello de Camariñas quere actuar de soporte os afectados, colaborando na organización do evento e, apoiando a consolidación dunha coordinadora dos Concellos afectados da zona.
Considera que é necesario ir preparando e informando os afectados nas distintas vías abertas, e as posibilidades de recuperar os seus aforros, ata de agora bloqueados no denominado “corralito galego”.

Na programación da reunión tense pensado informar das características das participacións preferentes e das distintas vías abertas que existen actualmente a efectos de resolución da súa problemática. Por un lado da marcha do programa “artificial” da arbitraxe, que está a levar a cabo o IGC, á espera do anuncio do proceso de conversión con quita destes productos, cuxa aplicación práctica esperase sexa elevada (entre o 30 e o 50% caseque auguran os máis optimistas), e que pode desencadear a ruína de un número por agora indeterminado, xa que, nun exercicio de transparencia, oficialmente non existe a cuantificación de afectados.

Na reunión darase conta do RD 24/2012 de reforma de entidades de crédito que no seu articulado, coarta os dereitos dos afectados polos productos tóxicos comercializados por NGC (hai serias dúbidas sobre constitucionalidade do mesmo) e que será a “legalización” das practicas abusivas sobre os aforradores e a expropiación dos fondos destes en ara o ben común e do Estado, por encima dos dereitos individuais, dando poderes máximos o FROB. En definitiva, unha rebaixa do rescate financieiro a banca, a costa dos aforros do tramo minorista, situación non dada noutros productos da UE, onde se comercializaron no tramo inversor.

Estarán presentes Ana María Cedeira, coordinadora da plataforma de Coruña que informará das últimas reunións tanto co Presidente de NCG JM Castellanos, a reunión co Presidente do Tribunal Superior de Galicia e o Fiscal xeral, así como a denuncia que se levará a Bruxelas ante Comisión Europa para que se abra una investigación sobre esta causa.

Tamén estarán presentes unha representación da coordinadora da Plataforma do Morrazo, que nos informarán das últimas actuacións que se están a planificar dende as distintas plataformas de Galicia.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes y Subordinadas de A Coruña y Comarca.

Comentarios