Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Crebeiros do Mundo converteron Camelle no epicentro da loita contra o Lixo Mariño

Crebeiros do Mundo en Camelle
Crebeiros do Mundo en Camelle
Crebeiros do Mundo converteron Camelle no epicentro da loita contra o Lixo Mariño

Non fixo a mellor fin de semana para o desenvolvemento do VI Encontro Internacional do lixo mariño. Crebeiros do mundo (Beachcombers) xuntábanse en Camelle para realizar unha acción conxunta utilizando á activa Asociación Mar de Fábula (que vén de recibir un recoñecemento a nivel estatal) como nexo de unión cos combativos colectivos RetoqueRetro e o CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

No marco do programa 'Traballando pola Saúde dos Océanos’, realizáronse visitas ao Museo do Alemán, varias performance, concertos… e varias mesas de diálogo sobre cruceiros, microplásticos e demais asuntos medioambientais vinculados co noso mar.

Encontro de Lixo Marino en Camelle

Como non, a limpeza duns dos areis da zona do Trece foi unha das actividades que combinan todo: acción directa e concienciación global, facendo do traballo colectivo un alicerce para loitar contra a contaminación dos noso mares!

Outras novas de Mar de Fábula

Comentarios