Luns. 29.04.2024
El tiempo

Critican a subida das dedicacións exclusivas de Camariñas a pesar da débeda

Organigrama Camariñas
Critican a subida das dedicacións exclusivas de Camariñas a pesar da débeda

O BNG de Camariñas, a través do seu concelleiro Xurxo Rodríguez Baña, vén de votar en contra da subida de soldo da alcaldesa e das tres dedicacións exclusivas e unha parcial que establece o goberno municipal e tamén criticou a subida da asignación por asistencia a plenos e comisións.

No pleno de organización o PSOE aprobaba unha subida media do 8% nas dedicacións da alcaldesa, a Concelleira de Urbanismo, a de Cultura e Encaixe, e a media dedicación da Servizos sociais. Deste xeito, o Concello pasa de 89.000€ a 96.000€ o gasto nas dedicacións ao grupo de goberno.

”Estas dedicacións nos parecen excesivas e innecesarias e deberían reducirse a pouco máis que ao salario da dedicación á alcaldía. Non podemos entender que hai uns meses se reduciran os salarios e as asignacións para poder axustarse o cinto e solicitar o crédito do estado e agora após das eleccións se suban os salarios”, sinala o edil da oposición, que lembra a fort débeda e “mala xestión económica” municipal.

Grupo de goberno

As críticas veñen despois da composición do novo goberno municipal. A alcaldesa Sandra Insua asumirá as responsabilidades de Alcaldía e Presidencia. O primeiro tenente de alcaldesa, Sergio Caamaño, será o responsable da Concellaría delegada de Urbanismo, Medio Ambiente, Emprego e Administración Xeral. Encarnación Liñeiro, segunda tenente de alcaldesa, foi nomeada como concelleira delegada de Cultura, Encaixe, Turismo, Limpeza e Ornato. Mentres, Fabián Canosa será o dirixente da Concellaría de Educación e Deporte, ademais de conformarse como terceiro tenente de alcaldesa. Pola súa banda, Begoña Tajes será a cuarta tenente e concelleira delegada de Servizos Sociais, Igualdade e Comercio.
Germán Camiño, José Francisco Carril e Rosa Ana Barbeira completarán o equipo de goberno municipal, pero sen área asignada. 

Comentarios