Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cursos e informática e de galego en Camariñas e Cee

Cursos e informática e de galego en Camariñas e Cee

A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas informa das novas propostas formativas a impartir no municipio. A informática e a lingua galega son as protagonistas.

Cursos gratuitos de informática

Xa está aberto o prazo de inscrición para os seguintes cursos:

  • Retoques de Fotografías. Días 24 e 26 de xaneiro, en horario de 17:00 a 19:00h.
  • Uso das Redes Sociais (Facebook, tuenti....). Días: 7 e 8 de febreiro, en horario de 17:00 a 19:00h.
  • Creación de Paxinas Web. En febreiro.
  • Elaboracións de Presentacións. En marzo.
  • Seguridade Informática. Protexe o teu ordenador de virus. En marzo.

Podes consultar as datas e horarios así como inscribirte na Aula de Informática, no Centro de Iniciativas Ao lado do Centro de Saúde de Camariñas, ou chamando ao 981 73 65 06 ou cun correo electrónico a [email protected].

Cursos Celga de Lingua Galega

Informan ademais que tamén está aberto o prazo de inscrición para a solicitude de cursos preparatorios de galego niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

  • Prazo de inscrición: ata o 26 de xaneiro (mínimo 20 persoas por curso) Duración do curso: 70 horas.
  • Información e inscrición: na Casa de Pedra de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. Teléfono: 981 737 004.

Curso Celga en Cee

Así mesmo, desde o Concello de Cee comunícase que o día 10 de xaneiro a Secretaría Xeral de Política Lingüística abriu o prazo para a preinscrición nos cursos preparatorios de lingua galega CELGA 1, 2, 3 e 4 para particulares (adultos) e colectivos de Galicia.

As persoas interesadas deben facer a súa preinscrición no Servizo de Normalización Lingüística sito no primeiro andar da casa consistorial ou ben chamar ao número de teléfono 981 745100 antes do 25 de xaneiro. Os cursos realizaranse antes do 31 de maio e as probas correspondentes terán lugar no mes de xuño.

Cursos en liña

Esta oferta de formación completarase cunha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do Celga 1, que sairá publicada no web da secretaría xeral, http://www.xunta.es/linguagalega no mes de marzo.

Probas Celga 2012

A asistencia aos cursos non implica a expedición de ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia. Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas Celga correspondentes. En 2012, os exames terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente e o prazo para a inscrición remata o 3 de abril de 2012.

Aqueles cursos que programe directamente a secretaría xeral realizaranse fundamentalmente nas sedes das escolas oficiais de idiomas e tamén en espazos de titularidade da Xunta de Galicia, principalmente en centros educativos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios