Venres. 19.04.2024
El tiempo

Noite de sorteos e concursos cos empresarios de Camariñas

Noite de sorteos e concursos cos empresarios de Camariñas

A Asociación de Empresarios de Camariñas vén de facer entrega dos premios de Nadal, tanto do Sorteo dos premios da Campaña de Nadal 2011 Merca no Concello como do IV Concurso de Escaparates.

Merca no Concello

Este sábado 7 de xaneiro, cunha Casa de Pedra chea de veciños de Camariñas, Concello e Asociación desenvolveron o sorteo da campaña Merca no Concello. Con toda a xente esperando que as mans inocentes de tres nenas extraeran os eu boleto, deuse a casualidade que a gañadora do primeiro premio estaba presente na sala, sendo o resultado:

  • 1º Premio para o número: 6758 que repartido pola Panadería Marisa con 700 €.
  • 2º Premio para o número: 4109 repartido por Agasallos Olga con 400 €.
  • 3º Premio para o número: 8747 repartido por Mercería Madeixa con 200 €.

Estes números foron extraídos dun total de 15000 boletos repartidos por 75 dos socios da entidade camariñana.

Escaparates

Ademais deuse o resultado do IV Concurso de Escaparates, que tamén se realiza en Vimianzo saíndo gañadora Complementos Ánxeles cun premio de 100 € e o segundo premio para KERUBÍN con 50 €, para que disfruten das viandas nun dos restaurantes socios da entidade pola cantidade establecida.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios