Concello e empresarios artellan un completo Nadal en Camariñas

08:41 18/12/19
A programación deste Nadal en Camariñas vén cargada de actividades para os más pequenos, onde tamén ten cabida a danza e a música.
O Nadal comercial
Coa chegada do Nadal, a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas quere incentivar as vendas nos comercios locais durante os meses de inverno. é por isto que sortean dous premios en combinación coa ONCE os días 15 e 16 de xaneiro de 2020. O primeiro premio é de 300 euros e o segundo de 200 euros en vales de compra para consumir durante o mes de febreiro nos establecementos participantes, que son:
- Administración de Loterías Bolboreta
- Bar Oasis
- Bodegón O Percebe
- Centro Óptico e Auditivo El Faro
- Comercial Diéguez
- Construcciones Perucho
- Decamar
- Distribucións O Vilán
- Electricidad O Parranda
- Excavaciones Moreira
- Farmacia Quintairos
- Farmacia Ponte do Porto
- Frutín
- Juana Sport
- Kerubín
- Librería Bolboreta
- Muebles Sambade
- Panadería de León
- Pedras Elaboradas Porto
- Restaurante Villa de Oro
- Ricardo Más e Hijos
- Taberna O Bico
- Talleres Bermúdez
- Xoiería A Caramiña
Dende a Asociación informan que xa fixeron entrega das rifas aos socios participantes.