Martes. 23.04.2024
El tiempo

Denuncian o encarecemento das taxas para as actividades municipais infantís en Camariñas

Mal estado varandas CAMELLE
O BNG camariñán critica o mal estado de varandas como esta de Camelle
Denuncian o encarecemento das taxas para as actividades municipais infantís en Camariñas

O BNG de Camariñas vén de rexistrar unha moción para pedir que o concello reduza as taxas dos obradoiros para nenas e nenos do concello. “Non podemos permitir que o peso do pago da débeda recaia nas taxas que teñen que abonar ás familias para os obradoiros de tempo libre ou calquera outra actividade para a xente nova”, sinala o voceiro do grupo Xurxo Rodríguez, despois de comprobar que de cara aos campamentos de verán, “unha familia con dous nenos terá que aboar 55€ por quenda de 15 días”.
Consideran que “estas taxas teñen que ser simbólicas e razoables porque neste tempo de contracción económica vai ser imposible para moitas familias inscribir aos seus nenos e nenas a estas actividades”.

Mal estado das beirarrúas

Mal estado BEIRARRUAS CAMARIÑAS
Estado do paseo marítimo de Camariñas

Así mesmo, o grupo da oposición critica a “falta de conservación e mantemento das beirarrúas do concello”. Faino despois de varias caídas de maiores na zona, que sofren o mal estado do camiño peonil de madeira no porto de Camariñas ou as beirarrúas de Ponte do Porto e Camelle. “Nalgúns casos as varandas destas beirarrúas están en estado tan malo que poden orixinar caídas moi graves”.

O BNG de Camariñas esixe así ”un plan de coidado e mantemento das beirarrúas de todo o concello en onde se marque como prioridade o estado de conservación e a seguridade das mesmas”.

Comentarios