Denuncian o perigo de derrubamento dun muro camariñán
Xa vai tempo que o muro da igrexa segue sen arranxarse, ou así alomenos o entende o BNG de Camariñas. Non hai moito denunciaban unha fenda no valado do colexio de Camariñas. E hoxe queren alzar a voz pola situación deste muro da igrexa que dá a un patio do colexio de Camariñas onde xogan os nenos/as.
Consideran que o muros “corre serio perigo de derrubamento”, polo que o BNG de Camariñas denuncia “unha vez máis a falla de interés do Concello de Camariñas polo mantemento do mobiliario público”.
Critican, de paso, que “o goberno local somentes se están a preocupar de obras “faraónicas” que é onde están a gastar o diñeiro, mentres para manter o que xa temos non se invirte nada. Por seguridade, economia e servizo a comunidade o Concello deberia, dende xa, tratar de arranxar esta situación”.
Novas relacionadas
- Fotodesfeita: Unha fenda no valado do colexio de Camariñas.
- O BNG de Camariñas contra a redución do profesorado e a redución do servizo de correios na Ponte.
- Denuncian o mal estado do paseo marítimo de Camariñas.
- Que foi do complexo de formación hostaleira de Aldea Madeira?.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Camariñas.