Venres. 22.01.2021
El tiempo

A Deputación mantén o seu apoio á Mostra do Encaixe

A Deputación mantén o seu apoio á Mostra do Encaixe

A Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas financiarán de xeito conxunto os case 100.000 euros de gastos que xerou a edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña 2020.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, acompañados pola concelleira Encarna Liñeiro, asinaron hoxe o convenio polo que o ente provincial achegará 45.000 euros, o 45% do total, para financiar os gastos que xa estaban executados antes da súa cancelación no mes de marzo, por prudencia e responsabilidade, debido á declaración do Estado de Alarma.
“Quixemos apoiar ao Concello de Camariñas mantendo a mesma porcentaxe sobre o total de gastos que se viña aportando cando a Mostra se podía levar a cabo con normalidade”, explicou González Formoso que tamén lembrou que
“no mes de febreiro redobramos a nosa aposta por este evento, que pasou a incorporar á Deputación na súa nomenclatura oficial, e a nosa idea segue sendo a mesma xa que o encaixe de Camariñas é patrimonio provincial”.
 

comentarios