Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Descobren un posible petroglifo en Camelle

Descobren un posible petroglifo en Camelle
Posible petroglifo atopado en Camelle, Camariñas, Galicia-Foto- Esteban Petrallo

Chégounos este Nadal o que pode ser un novo e importante achádego arqueolóxico en Camariñas. Esteban Petrallo mándanos dende o monte de Can Ladrón, en Camelle, estas imaxes do que pode ser un dos primeiros petroglifos atopamos no termo municipal de Camariñas, co permiso da chamada "Pedra dos Números", atopada na Ponte do Porto, no 1998 pola xente de Blas Spín.

Petrallo levaba varios meses tralo petroglofo camellán tras ter descuberto varias lendas a través dos seus maiores. A lenda, moi coñecida na vila camariñá, conta que un mouro tiña secuestradas 7 princesas no seu castelo, e "como as lendas teñen unha base historica pois"... Alá foi Esteban por eles. Conta de feito que hai outros achádegos de interese polo monte arriba, como "uns restos dunha edificacion cunhas vistas impoñentes, chegando a Camelle, Corme, Braño, Ponte do Porto, Pena Forcada"... Ademais, destaca que hai dous gravados, e outro un que parece un burato feito a man na pedra. E buceando polo monte tamén atopou un pequeno círculo de pedras a modo de castro, ou varias pedras de grandes dimensións que poderían ter formado parte dalgún megalito.

Vistas dende os restos da fortificación no Monte do Can Ladrón de Camelle-Foto-Esteban Petrallo Círculo atopado no monte de Can Ladrón de Camelle-Foto-Esteban Petrallo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios