Desestimado o recurso de apelación do PP de Camariñas contra Pichurri
08:11 30/05/18
A sentenza denega tamén a celebración dun pleno extraordinario solicitado polos populares de Camariñas
A Sección 1 do Tribunal Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar sentencia na que desestima o recurso de apelación presentado polo Partido Popular de Camariñas á sentencia que no seu día fallou, no tribunal de instancia, a favor de tres resolucións do alcalde de Camariñas denegando un pleno extraordinario solicitado polos populares.
O Superior ratifica a primeira sentencia e desestima tódolos argumentos presentados por Mauricio Aufiero e os seus compañeiros de formación, dando por boas as resolucións do alcalde, negando que houbese vulneración dos seus dereitos como concelleiros, e condenándoos ao pago das costas.
O grupo municipal socialista amosou onte a súa satisfacción pola sentencia e lamentan a "deriva xudializadora emprendida polo Partido Popular de Camariñas, coa cobertura e aquiescencia da dirección provincial, que tenta por este medio acadar o que os cidadáns lle teñen dito ao longo de toda historia democrática: que así non"; sinalan os socialistas.
Tanto o alcalde - Pichurri - como o resto do equipo socialista consideran que "os tribunais, unha e outra vez, estanlle dando a razón e fan un chamamento a Mauricio Aufiero a que se apee dese xeito de facer política filibustera e rastreira e emprenda o camiño de traballar en positivo por Camariñas e polas súas xentes", indican dende o PSOE.
Novas relacionadas
- 29-05-17: Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
- 25-05-17: Convocan unha concentración para apoiar a Pichurri.
- 24-05-17: O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde.
- 12-05-17: O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- PSOE de Camariñas