Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Do Parlamento Xove da Ponte do Porto ao mesmo Parlamento Europeo

Do Parlamento Xove da Ponte do Porto ao mesmo Parlamento Europeo
Alumnos do IES Pedra da Aguia con Pepe Blanco no Parlamento Europeo Alumnos do IES Pedra da Aguia con Pepe Blanco no Parlamento Europeo

Moitas cousas fan estes alumnos do IES PEdra da Aguia. Fixámonos moito nese proxecto do Parlamento Xove no que tan ben aprenden a falar. E para completar esa formación, que mellor que coñecer dende dentro o Parlamento Europeo.

Alá foron uns15 alumnos de 3º da ESO e dous profesores, invitados a Bruxelas polo eurodeputado socialista José Blanco López, para coñecer o funcionamento desta institución comunitaria. Primeiro houbo unha charla introdutoria que deu paso a un debate cos alumnos e finalmente amosóuselles o hemiciclo onde puideron facerse algún selfie.

A viaxe tamén serviu para que os alumnos coñeceran outras partes de Bruxelas e Bélxica como Mini Europa e o Atomium na capital belga, e Bruxas ou Dinant nas zonas flamenca e valona respectivamente.

Cultura e lecer mesturáronse en todo o momento, xa que as visitas ao Centro de Interpretación do campo de batalla de Waterloo e á biblioteca de Lovaina, deron paso a un percorrido en bici ata a costa belga en Bruxas ou a unha aventura entre as árbores en Dinant.

Foron catro días intensos e con moi bo tempo, que axudou a levar a cabo todas estas actividades. Unha aventura para moitos que, por primeira vez, utilizaban o avión, o metro e o tren.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios