![Entrevista PP Camariñas1]()
Corcubión e Camariñas foron os destinos no día de onte do Presidente de Portos, Alvarez Manzana.
Na vila de San Marcos o PP de Corcubión quere agardecer que Portos de Galicia invista 1,7 millóns de euros no Porto para a construción de 20 departamentos para pescadores. Así mesmo, a representante popular agradece que Corcubión conte cun Aula de Formación, que utilizará o Club Marítimo Carrumeiro.
Pola súa banda Portos tamén comeza as obras do Plan de Inversión de Camariñas
O voceiro do PP de Camariñas, Daniel Rego, foi informado do inicio das obras que conforman o Programa de Inversións de Portos de Galicia para Camariñas e o seu importe total supera os 11 millóns de euros, nun horizonte, 2011-2014.
Darase prioridade inicialmente a ampliación da cara maestra do peirao, na que se investirán 3,1 millóns de euros. A continuación executarase a terceira fase do paseo marítimo e a continuación o contradique, orzamentado en un millón de euros.
Novas relacionadas
Fonte
- Notas de prensa de Portos de Galicia e dos PP de Corcubión e Camariñas.