Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Completa remodelación de urbanización do porto de Corcubión

Completa remodelación de urbanización do porto de Corcubión
Coincidiu onte a visita do presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, co rescate do Madre Amelia nas augas da ría corcubionesa. E ademais de botar unha man tivo tempo para presentar o proxecto de remodelación do porto de Corcubión. Un proxecto no que Portos investirá un total de 1,7 millóns de euros. Esta proposta inclúe o cumprimento do compromiso adquirido coa confraría da localidade, de dotación dun edificio de 20 departamentos para os usuarios. Polo que respecta aos prazos, Portos de Galicia estima que o proxecto da obra poida estar rematado na primeira quincena de marzo para, na segunda, saír a licitación. De cumprirse a folla de ruta sen imprevistos, o comezo das obras podería ter lugar no último trimestre de este mesmo ano.

Urbanizando o porto

O proxecto prantexa a urbanización de 5.500 metros cadrados de superficie portuaria, coa creación de viais, aparcadoiros, parcelas delimitadas e beirarrúas, coa finalidade de mellorar a ordenación e aproveitamento do porto. Para este fin, será necesario levantar os pavimentos actuais e uniformizar o tipo de firme para a zona de acceso, que se pavimentará con adoquín, así como o das zonas de traballo, na que se empregará formigón. Ademais dotarase ao porto da conexión co saneamento e realizaranse as canalizacións para futuras instalacións. Finalmente crearase unha nova rampla para a baixada de pequenas embarcacións.

Novo edificio

En canto a actuación principal, a construción do edificio de departamentos, será un inmoble de 46 metros de longo e 12 de ancho. Habilitaranse nel 20 estancias para usuarios de planta baixa e altiño, cunha superficie de 44 metros cadrados cada unha. Todos os departamentos dispoñen de aseos e subministro de auga e electricidade axeitados ás necesidades dos usuarios.

Dotación formativa

O presidente de Portos de Galicia aproveitou tamén a viaxe a Corcubión para visitar a recén rematada obra da aula de formación náutica do porto e anunciar a súa entrada en funcionamento. Esta dotación, de case 100 metros cadrados de superficie, terá un carácter polivalente, que permita impartir as diversas disciplinas náuticas e pesqueiras. A aula de formación está pensada para 30 persoas e consta de iluminación bilateral. Dispón dun aleiro sobre os ocos situados con orientación sur, para evitar a radiación solar directa. Entre os avances arquitectónicos que incorpora, cóntanse tamén a cuberta plana e autoprotexida.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios