Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán

Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán
Os dous aeroeneradores xeran o equilavente ao consumo electrico de 6700 fogares Os dous aeroeneradores xeran o equilavente ao consumo electrico de 6700 fogares Dous novos e potentes aeroxeneradores de 3 megavatios cada un que xerarán máis de 20 GWh anuais - o que equivale segundo Gas Natural Fenosa ao consumo eléctrico de 6.700 fogares - sustitúen xa aos 22 antiguos muíños de vento instalados no parque eólico do cabo Vilán. Tras tres meses de traballo, do transporte pola estrada dos novos aparatos e dunha inversión de 7,6 millóns de euros, o de Camariñas é xa o primeiro parque que reemplazou as súas máquinas orixinais. Unhas máquinas que foron pioneiras nos anos 90. Varios directivos de Gas Natural Fenosa visitaron onte as instalacions do parque eolico de cabo Vilan Varios directivos de Gas Natural Fenosa visitaron onte as instalacións do parque eólico de cabo Vilán. Imaxe: GNF O director xeral de Negocios Mayoristas de Energía de Gas Natural Fenosa - Manuel Fernández -, o delegado xeral da compañía na comunidade galega - Manuel Fernández Pellicer - e a directora de Gas Nas Natural Fenosa Renovables - Ana Peris - visitaron onte o parque de cabo Vilán tras o remate dos traballos de repotenciación. Tamén asistiron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta - Francisco Conde - e o alcalde de Camariñas - Valeriano Alonso -. "Cabo Vilán foi uno dos primeiros parques construidos en Galicia a principios dos 90. Cunha inversión de 7,6 millóns de euros, agora volve a ser pioneiro ao ser o primeiro partque galego que renova os seus aeroxeneradores con máquinas de última tecnoloxía que incrementan a producción e, ao mesmo tempo, diminúen o impacto paisaxístico e ambiental", sinalou o director xeral de Negocios Mayoristas, Manuel Fernández.

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas eólicas

Fonte

Comentarios