O PXOM de Camariñas blinda o Cabo Vilán de baterías


Difícil o ten Fenosa para levar adiante a pranta de almacenaxe electroquímica en pleno Cabo Vilán. O PSOE de Camariñas saía á luz pública para deixar claro que o PXOM, aprobado en 2013, e que non permite tan edificación pois dotou a esta paraxe da máxima protección medioambiental.
Esperemos que quede resolto así o asunto e que Fenosa non siga adiante con este proxecto que conta co apoio da Xunta. Unha Xunta que xa fixo a súa análise de impacto ambiental, para a que non contou coa opinión do Concello de Camariñas nin da Federación Ecoloxista galega, e no que ademais resalta que non é necesaria máis avaliación, a pesar de estar en zona proxetida por varias normativas.
De feito, o informe asgegura que “non se pode descartar a aparicióin de restos arqueolóxicos”, por exemplo.
O Proxecto

Falamos dunha proposta para a instalación dun sistema de almacenamento de enerxía elétrica, e a súa integración coa enerxía eólica. É dicir, algo verdadeiramente revolucionario como é almacenar enerxía producida polos muíños, tendo en conta que a día de hoxe a enerxía ten que ser enviada no mesmo instante á rede eléctrica, sen posibilidade de almacenaxe.
Proponse no Cabo Vilán por estar nun proceso de repotenciación, tralo que quedarán 2 viraventos, que producirán máis enerxía que os 23 actuais. O proxecto indica que se demolerían 3 edificacións construídas no parque eólico, para construir dúas novas, que albergarán a sala de control e mais o sistema de almacenamento. Este módulo estará constituido por un módulo redox, a través do cal flúe o electrolito , e dous tanques deste, un para o electrolito positivo e outro para o negativo. Ademais contarán cun electrolito líqueudo formado por ións de vanadio disoltos en ácido sulfúrico; bombas de impulsión, equipo de refrixeración, un convertidor de corrente alterna a continua e un sistema de control.
A zona edificable será de 141.000 m2, supoñendo “unha maior ocupación superficial con respecto ás instalacións preexistentes”, pero para o informe “este feito non sería relevante”
Novas relacionadas
- 12-02-15: Camariñas divídese ante o proxecto de Gas Natural no Cabo Vilán.
- 11-02-15: O Cabo Vilán acolle unha planta de almacenamento electroquímico:
- 2014: Critican a repotenciación do Parque Eólico do Cabo Vilán.
- 2012: A repotenciación do parque eólico do Vilán abre o debate sobre a súa liberación.
- ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras.
- A Costa da Morte ve triplicada a súa inútil Rede Natura.
- 3 de 4 asociacións de Carnota apoian un Monte Pindo Parque Natural con nova imaxe.
- Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- PSOE de Camariñas.