Dúas novas citas para engradecer o sendeirismo na Costa da Morte

Se o programa Primavera en Ruta de Senda Nova aproiveita este domingo 27 para coñecer a Forza do Río Chonia, no Concello de Trazo, as Andainas e o Camiño dos Faros non escapan das nosas fronteiras. Polo que teremos dúas novas citas para engrandecer a nosa pasaixe a través do sendeirismo. E a ver se por fin, as administracións se centran en apoiar estas iniciativas, este tipo de turismo.

Comezamos a golpe de sábado 26 e o facemos por Ponteceso, onde saben que a divulgación 2.0 dos Camiños do Mar é finalista duns premios europeos sobre coidado patrimonio. Desta volta, e no marco de Andainas “Coñece a Costa da Morte”, que percorren 8 concellos da bisbarra, realizaremos a Ruta Aventura polo Anllóns.
Trátase dunha ruta circular de aproximadamente 12 km que descorrerá na súa primeira parte pola ribeira do río Anllóns e que nos permitirá gozar de paraxes tan bonitos coma a Saímia.
Hoxe, xoves, é o último día para anotarse.

Xa o domingo 27 poderemos participar na 5ª etapa do Camiño dos Faros, que unirá Arou e Camariñas por unha das pistas máis espectaculares da bisbarra. Santa Mariña, o Monte Branco, as praias do Trece e do Reira, o Cemiterio dos Ingleses, o Cabo Vilán, a praia do Lago, o Castelo do Soberano… un verdadeiro tesouro de ruta.

Ademais, como na edición anterior, na etapa deste domingo os trasnos poderán disfrutar e aprender cunha charla de Rafael Lema no Cementerio dos Ingleses. Rafael é delegado na Costa da Morte da Real Liga Naval Española e autor do libro "Costa da Morte un país de sueños y naufragios". Ninguén mellor ca el para contar o naufraxio do Serpent e a orixe do nome de Costa da Morte.

Outra das paradas será o no Faro Vilán, onde Cristina Fernández, fareira do Vilán dende 1977 e unha das primeiras mulleres fareiras deste país, contará aos trasnos a historia deste faro e as anécdotas que leva vivido nesta súa casa. Outro luxo para O Camiño dos Faros.

Serán 23,5 km, e a saída en bus será do porto de Camariñas ás 9:00h, para que a volta, arredor das 19:30h, os coches estean esperando. Pero para os que queiran, tamén haberá pre-etapa, que os trasnos non paran!

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).