Ducias de actividades enchegarán Camariñas na FENAUCAM 2019
12:13 13/06/19
Xa non queda nada para a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019). Unha cita aberta a toda a cidadanía, con especial foco posto nas xentes do mar e na mocidade, que encherá a vila do encaixe de actividade, de balde, os 14, 15 e 16 de xuño.
Adxuntamos as propostas e os horarios das actividades desta fermosa feira.
- Zona infantil pola tarde e piscina ex- terior para «bautismos de mar».
- Visitas de portas abertas a lancha de Salvamento, Garda Civil e veleiro da Escola Náutica da Coruña.
- «Simulador de navegación» coa Armada Española.
- Todos os días... xornada de degustación gratuita de mexillóns de Galicia.
- Exposicións: impresionante visita a exposicións de pintura, fotografía, mu- seos do mar e Real Liga Naval Española e maquetas navais de gran envergadura. O que lle guste o xadrez podera xogar con membros do equipo Xadrez Náutico Camariñas e gañar regalos.
- Stands institucionais, comerciais lo- cais, comarcais, autonómicos e nacio- nais ademáis de varios procedentes de Francia e especiais de artesanía.
- Proxeccións de documentais sobre o Titanic e outros de grande interese.
- Mesa redonda, charlas, conferen- cias, presentacións literarias, encon- tros e entrega de premios especiais FENAUCAM 2019.
- Coa entrada gratuita participarás no sorteo de 2 ceas para dúas persoas e rifas co sorteo dunha gran «Cesta Náutica».
Novas relacionadas
- Maio 2019: A III Feira Náutica de Camariñas colga xa o cartel de completo.
- Febreiro 19: A Feira Náutica de Camariñas abre ás portas aos centros de ensino.
- Xaneiro 2019: O Xadrez Náutico de Camariñas segue medrando.
- Xuño 18: A Feira Náutica de Camariñas protagoniza un gran crecemento na súa segunda edición.
- Setembro 17: O CN de Camariñas valora o éxito da I Feira Náutica e xa ten data para a cita 2018.