Venres. 19.04.2024
El tiempo

Empresarios de Camariñas e Abanca asinan un acordo para impulsar a reactivación comercial

Empresarios de Camariñas e Abanca asinan un acordo para impulsar a reactivación comercial
A asociación de empresarios e promoción turística de Camariñas e a entidade Abanca veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da localidade. A presidenta da asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas - María Olga Campos Sánchez - e o director de zona de ABANCA en Santiago Xallas/Ulla - José Antonio Seoane Gómez - asinaron onte un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do interior de Galicia. O convenio facilita que os emprendedores de Camariñas asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior. A entidade porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Dende as oficinas de Abanca tamén se facilitará a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación da Coruña (Plan Activamos), así como outros convenio do ICO, Igape e SGR. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas

Comentarios