En marcha a 4ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
Segue sendo o sendeirismo unha das prácticas máis de moda na Costa da Morte. E con esta natureza que temos, non é de estranar. E pensando nos veciños da zona, e que coñezan a comarca, os técnicos de deportes municipais veñen de dar un novo paso unindo a Costa da Morte a través dos sendeiros. Son os Concellos de Camariñas, Cee, Muxía, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Vimianzo, Mazaricos e Ponteceso, os que poñen en marcha da 4ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte.
Os nove roteiros que este ano nos amosarán distintos currunchos da nosa fermosa xeografía, estarán enmarcados nun programa cunha normativa común. As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros aproximadamente e a organización poderá modificar o percorrido previsto se así o estima por razóns de seguridade. As andainas comezarán ás 10:00 e rematarán entre as 13:00 e as 15:00.
As datas da 4ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
- 16 de abril Camariñas: Dende o monte ata a ribeira (lineal).
- 30 de abril Cee: Roteiro Meigha Lirea (circular).
- 07 de maio Muxía: De Nemiña ás Caldeiras do Castro (lineal).
- 14 de maio Corcubión: Ruta das Boleiras (circular).
- 17 de maio Dumbría: Pedra Ancha – Marco do Couto – Capela da Neves (circular).
- 21 de maio Fisterra: Fisterra dende o aire (lineal).
- 04 de xuño Vimianzo: Pola ribeira do Río Grande (lineal).
- 11 de xuño Mazaricos: Subida ao Monte Aro (circular).
- 18 de xuño Ponteceso: Río Anllóns, montes e pazos (lineal).
Inscrición
Para participar no programa, debese formalizar a inscrición no Concello de cada un e no caso de non pertencer a ningún dos Concellos organizadores, podese formalizar en calquera deles. A inscrición é gratuita. Poderán participar nenos e nenas a partir de 7 anos, sempre acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais ou titores deberán asinar unha autorización.
O prazo de inscrición remata o xoves previo á realización da actividade, e non se admitirán inscricións pasado este prazo.
Cada Concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta o punto de partida da ruta.
Novas relacionadas
- Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes.
- 2015: Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- 2014: Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).