Entrevista con Manuel Valeriano Alonso, Pichurri

10:07 04/05/11

O actual alcalde e candidato polo PSOE á renovar a alcaldía na vila de Camariñas, ábrenos as portas do seu despacho para falarmos dos comicios do 22 de maio. Falamos un poudo de todo, dende os proxectos levados a cabo polo seu goberno, como os que van chegar, para rematar un toque máis persoal. Estas foron as súas respostas
- Por que cre que a vosa candidatura é a máis axeitada para dirixir o Concello?
Os cidadáns terán que determinalo, pero creo que verán o traballo de 4 anos. Ademais somos as mesmas persoas que estiveron traballando por Camariñas, e seguiremos facéndoo.