Exposición de pintura en Camariñas
16:51 06/09/13
A asociación de empresarios de Camariñas presentará no dia de maña Sabado dia 7 de setembro as 12:00 da mañá, unha nova exposición de pintura. A exposición estará no Faro Vilán de Camariñas durante todo mes de setembro. Na inauguración do Acto do acto contarán ca presenza de X. Antón Castro e a actuación musical de Arancha Folga é José Trillo.
A exposición "Diálogo co Vento" da artista Yano Yoro presentará unha colección de pinturas realizadas con tinta china sobre papel de arroz inspiradas na técnica sumi-e.
A parte desta exposición, a fin de semana do 28 e 29 de setembro realizaran un obradoiro de iniciación a pintura chinesa dirixido polo mestre Li chi-Pang e Yano Yoro, para mais datos sobre este obradoiro dirixirse o mail de Yano Yoro ,(yanoyoro@gmail.com).