martes. 18.03.2025
El tiempo

Fan un chamamento para facer unha limpeza especial na contorna da Casa/Xardín Artístico de MAN

Cadro da Casa de Man de Camelle
Cadro realizado con plásticos retirados das praias, dos amigxs de RetoqueRetro, adquirido polo Concello de Camariñas e instalado nas instalacións do Museo Man de Camelle.
Fan un chamamento para facer unha limpeza especial na contorna da Casa/Xardín Artístico de MAN

O Xardín de Man fica bastante esquecido, e por iso a familia de Mar de Fábula xunto ca A Pergoliña A de Veciños de Camelle fan un chamamento para as persoas que queiran participar nunha limpeza da contorna.

Unha acción, pretenden “dignificar un pouco este enclave e poñer de manifesto a falta de mantemento que sofre a Casa/Xardín Artístico de MAN”.

Para Mar de Fábula é unha cita moi especial, pois a entidade comezaba a súa actividade hai 11 anos precisamente cunha limpeza neste singular espazo.

A cita será domingo, 9 de marzo a partir das 10:30h, e a maiores da contorna da Casa de MAN, limparán a pequena caliña da Alta, moi próxima.

A efectos de cobertura de seguros para o voluntariado, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, antes das 20.00 horas do sábado, 8 de marzo, no correo electrónico [email protected], ou no número de teléfono 608609042.

Comentarios