mércores. 13.11.2024
El tiempo

O Faro Vilán segue abrindo durante outono con oferta cultural

Exposicion de  Luís Felipe Capellín no Faro Vilan
O Faro Vilán segue abrindo durante outono con oferta cultural

Segue mantendo aberto o Faro Vilán a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas durante este outono. Ata finais de novembro, o único faro aberto da Costa da Morte ten un horario é de mércores a domingo de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 horas. Os luns e os martes estará pechado e a finais de novembro pechará ata a nova tempada do 2025.

E ademais da visita á mostra permanente (este pasado mes de setembro pasaron un total de 1.735 persoas, o 79% españois), a entidade mantén a oferta cultural. Este mes de outubro conta cunha exposición Luís Felipe Capellín.

FAROS Sketches é unha serie formada por 96 bocetos, todos realizados con lapis grafito, bolígrafo e carbón. Miden 21x13 centímetros e están colocados, de 4 en 4, sobre un soporte de taboleiro de espuma de 70x50 centímetros.

Exposicion de  Luís Felipe Capellín no Faro Vilan 2
Luís Felipe Capelliín

Os bocetos buscan suxerir, por iso non son debuxos rematados, e tentan transmitir ao espectador unha historia que, en comunidades con quilómetros de costa marítima, estivo sempre presente e na que os faros son un símbolo de seguridade e protección para os pescadores. e mariñeiros e Seguen a ser, hoxe en día, unha ferramenta imprescindible para os traballadores dun colectivo que non sempre está suficientemente valorado.

Pero os faros non acaban neste país e, en moitos casos, con grandes diferenzas de tipo de construción e medidas, están presentes, non só en todos os mares do mundo senón tamén nos grandes lagos.

Por outra banda, no tocante á exposición, algúns dos bosquexos van acompañados dun Hayku, figura poética xaponesa composta por tres versos, tradicionalmente, cada un deles formado por 5, 7 e outra vez 5 sílabas, e que recolle a sensación de transmite o obxecto que se está a ver, neste caso O FARO.

Máis novas

Comentarios