Girasol: "Busco familia"
08:45 13/08/12
Con este cartel paseouse varios días Girasol pola Fisterra adiante. Dous Salvadores de Corcubión atoparon este fermoso can blanco por Fisterra, con ese carteliño de "Busco familia. Girasol". Chegou á Clínica Veterinaria Argos de Cee, e tras comprobaren que non tiña microchip, lle buscaron familia, e de contado, xa o adoptaron.
Un cadelo perdido por Camariñas
Ademais, estes días coméntannos dende Camariñas que este pastor alemán, con colar, apareceu perdido pola Praza do Curbeiro de Camariñas. A ver se alguén sabe de quen é.
Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:
- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Novas relacionadas
- Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños.
- Nemo volve a Fisterra coas súas Salvadoras.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).