Históricos da Costa da Morte fan máis grande o Camiño dos Faros

Espectacular. Cada día supérase o Camiño dos Faros. Esta fin de semana Laxe e Camariñas recibía a máis de 300 trasn@s para disfrutar de dúas xornadas moi especiais. I é que o propio sendeirismo, o sino desta ruta civil polo litoral da bisbarra, vese complementado pola aportación de grandes míticos da zona que, coa súa sabedoría, dan argumentos de peso para completar a beleza.

Tanto na previa sabatina por Camelle, como durante a camiñada, @s trasn@s puideron escoitar a grandes voces entre as que cómpre salientar as de Marina Ramos, membro da Fundación MAN, na Casa do Alemán; Bernardino Martínez, autor da Ruta dos Naufraxios de Camariñas, que falou da historia de Camelle; ou escritor o da Ponte do Porto, Rafael Lema, un dos investigadores costeiros máis especializados en materia de naufraxios.

Hai que salientar que participaron na camiñada dominical máis de 300 trasn@s (cada vez máis trasn@s cativ@s!!), a pesar dun tempo que ameazaba tormenta durante toda a fin de semana. De feito, o domingo amencía chovendo pero pronto as nubes respectaron a andaina, e xa antes de saír de Laxe parou de chover. De aí a Arou pasando por xoias costeiras como a Praia dos Cristiais. “Moito que ver e moito que sentir”.

Quedámonos co comentario-relato que lle enviou un bello anxo a Traski despois da etapa polas redes sociais:
En ocasións é o azar, esa inaprensible cadea de acontecementos, quen configura unha harmonía: conveniente proporción e correspondencia dunhas cousas con outras; un conxunto superpuesto de fermosos elementos que se expanden na yuxtaposición, coma se necesitasen ao outro para ofrecer o mellor de si mesmos, concorrendo ao mesmo fin.
A beleza natural da Costa da Morte galega non ten parangón; ao seu desabrida orografía, tecida a golpe de pedal por un océano enteiro e case sempre de mal humor, únense unhas construcións fálicas, Arquitectura da Luz, cuxa función está á altura do atractivo con que adornan roquedos avanzados.
Ningún percorrido máis sedutor que a pista de terra da Rede Natura, que desde as inmediaciones de Arou vén bordeando a costa cara ao sur, caendo como a marea ata o cabo e faro Vilán, preto de Camariñas; pasando polo simbólico Cemiterio dos Ingleses (…).
Por aquí o mar roxe toda a súa espantosa hermosura, mentres descobre e soporta a avanzadilla terrestre do Vilano, co seu gran can a modo de dique de abrigo. Por aquí o vento instala un arenal na ladera dun monte, unha duna remontante de proporcións bíblicas.
E é na atronadora beleza deste mar famento de homes onde, na miña mente, quixo chegar Giuseppe Antonio Brescianello (1690-1758) coas súas Concerti e Sinfonie opus 1, editadas en Amsterdam en 1738. O empuxe e virtuosismo tardobarroco do mestre de capela da corte Wurttenberg en Stuttgart harmonizou á perfección coa bravura costera. As olas baten rocas e arenais mentres a cordo da Sinfonía n.5 en Fa maior para dous violines, viola e baixo continuo cobre de humidade musical o recordo e a evocación. Escoiten o Allegro e o Presto:

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).