Venres. 29.03.2024
El tiempo

Medio millar de trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros

Medio millar de trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros
Camino dos Faros por Malpica-Foto-Antonio Rodriguez

Impresionante o que fai Camiño dos Faros. Non fai falta máis que botar un ollo ao facebook de Traski e comprobar a gratitude que lle renden os centos de @trasn@s, pero tamén as ducias de establecimentos que están aproveitando o tirón desta fermosa iniciativa civil, que nace para poñer en valor o noso litoral.

Este domingo 31 de agosto arrincaba a 4ª edición do Camiño dos Faros. Unha 4ª edición que nace para afianzar este recurso turístico incomparable, facendo un traballo moito máis efectvo que o quue leva facendo durante anos calquera das entidades supramunicipais con millóns de euros de fondos europeos.

483 trasnos na 4 edicion do Camino dos Faros-Foto-Eduardo Verdes

Partía de Malpica a comitiva e chegaba ata Niñóns, Ponteceso, nunha primeira etapa na que participaron 483 persoas que batiron a mellor marca, en tempo, que non en número. Moitos comentaron que o ritmo foi trepidante, pero en todo caso, se ben foi máis rápida que nas edicións anteriores, deu tempo para disfrutala e mesmo para darse algún que outro baño.

O tempo foi espectacular, cun solazo sempre presente pero cunha brisa mariña que facía a camiñada moito máis levadeira. Un sol que simboliza o cumio para valorar a etapa cun redondo 10. Ademais, a Asocación fixo 83 socios novos, o que permite soñar cun futuro aínda máis real a este camiño.

Tivo a xornada escenas emotivas, como cada andaina. Esta protagonizouna Ramón, un dos membros da organización. I é que como conta María García, no "último tramo despois do faro, unha señora apenas podía continuar por esas pendentes tan escarpadas, e o bo de Ramón foi axudándoa todo o camiño, suxeitándoa, tirando dela ata nalgún momento colléndoa en peso. Fascínome como a axudou e a súa entrega". Grande Ramón, un trasno con todas as letras.

Polo bando contrario, houbo tamén algunha que outra queixa pola falta de implicación dos Concellos, e houbo que lamentou que o Concello de Malpica non limpase algúns camiños durante estas últimas semanas. Esperemos que os Concellos se decaten deste tesouro que se lles puxo en bandexa, e non o desaproveiten.

Camino dos faros pola Costa de Malpica-Foto-Antonio Rodriguez

Con previa e todo

Xa na previa do sábado, a noite malpicá foi fantástica. @s trasn@s estiveron coas bravas redeiras de Malpica, con Adrián Abella recuperando vellas historia, e tamén se achegaron á presentación do novo libro de Xurxo Souto, con quen entonaron temas populares a ritmo do seu acorderón.

Houbo tempo para os viños, para os petiscos, e para un concerto da Traskiband que abre unha nvoa edición do Camiño dos Faros, levándonos ata Fisterra, cada 15 días, rematando o vindeiro 6 de decembro.

Calendario da 4ª edición do Camiño dos Faros

As etapas desta cuarta edición faranse os domingos, para que os que traballan os sábados poidan participar. Irémolas facendo cada 15 días para acabar o 6 de Decembro en Fisterra.
  • Domingo 14 SEP: Etapa 2: Niñóns-Ponteceso.
  • Domingo 28 SEP: Etapa 3: Ponteceso-Laxe.
  • Domingo 12 OUT: Etapa 4: Laxe-Arou .
  • Domingo 26 OUT: Etapa 5: Arou-Camariñas.
  • Domingo 9 NOV: Etapa 6: Camariñas-Muxía.
  • Domingo 23 NOV: Etapa 7: Muxía-Nemiña.
  • Domingo 6 DEC: Etapa 8: Nemiña-Cabo Fisterra.

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios