Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Inauguradas as depuradoras de Corme e Camelle ante as críticas dos socialistas

Inauguradas as depuradoras de Corme e Camelle ante as críticas dos socialistas

Xa funcionan as novas estacións depuradoras de Camelle (Camariñas) e de Corme (Ponteceso). Onte o Conselleiro Agustín Hernández paseábase por ambas vilas abrindo as comportas das depuradoras, seguindo coa xeira de fotos de campaña.
Así o critican dende o PSOE camariñán, que despois de participar na colocación da primeira pedra do parador muxián, critican que o PP faga o propio inaugurando, en plena campaña, infraestruturas que xa estaban en funcionamento e que foran proxectos do goberno socialista.

Datos das depuradoras

  • A EDAR de Corme, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, contempla unha rede de saneamento asociada á nova EDAR, un tanque de tormentas de 500 metros cúbicos e un enganche dos puntos de vertido á nova estación de bombeo. 3000 veciños de Corme Porto e Corme Aldea son os beneficiados.
  • A estación de Camelle, cun investimento de 1,6 millóns de euros, dispón de seis bombeos e tubaxes de impulsión que suman preto de 1.655 metros. Dará servizo a unha poboación de 3.700 habitantes desta zona.

Criticas dende o PSOE de Camariñas

Dende a Agrupación Socialista de Camariñas afirman "quedar perplexos" ante o "acto propagandístico", se ben aseguran que "a depuradora foi un proxecto deseñado e licitado por o anterior goberno da Xunta cando era Conselleiro de Medio Ambiente o noso Secretario Xeral Pachi Vázquez". Denuncian ademais que "a depuradora en cuestión leva moitos meses en funcionamento, e que casualidade, inaugurase o último día en que estes actos están permitidos ¿pódese chamar isto electoralismo?", e lembra o mesmo proceso coa EDAR da Ponte do Porto.

Ao tempo critican que non teñan arranxado a estrada de Camelle-Arou, destrozada co Temporal Becky hai un ano. Danos, que ademais, segundo denuncia "producíronse como consecuencia de unhas obras ilegais que se estaban levando a cabo por parte da Consellería do Mar".

caption id="attachment_9610" align="alignnone" width="590" caption="Estrada entre Camelle e Arou destrozada polo Becky e aínda non arranxada"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios