Luns. 07.10.2024
El tiempo

Interceptan un veciño de Camariñas pescando sen licenza en pleno estado de alarma

O SEPRONA intercepta un furtivo de Camarinas
Interceptan un veciño de Camariñas pescando sen licenza en pleno estado de alarma

Ir a pescar, sen licencia, en pleno estado de alarma. Así foi interceptado pola Garda Civil un veciño de Camariñas de 57 anos, preto do Cabo Touriñán. Os axentes, que ademais das vilas tamén vixían camiños e pistas, observaron o vehículo agochado na zona dos cantís. Esperaron ata que volvía cunha cana, unha mochula e a poupa de pesca.

Ao ser preguntado, o veciño argumentou que “se agobiaba na casa e que ía pescar para evadirse un pouco”. Os axentes pedíronlle ademais a licenza pois a Xunta ten prohibido a pesca recreativa, pero carecía dela, polo que a multa será doble, por furtivismo e polo incumprimento da corentena.
As capturas, no canto de ser enviadas a un comedor social e pola situación actual provocada polo COVID-19, foron destruídas e devoltas ao mar.

Parece complicado entender que se vaia, ou que vaia contaxiar a alguén indo de pesca ás rochas dun solitario cabo, pero as normas de confinamento son para todos.

Novas sobre o cumprimento da corentena

Comentarios