Venres. 19.04.2024
El tiempo

Licitadas as obras da estrada na entrada de Camelle

Entrada de Camelle
Entrada de Camelle
Licitadas as obras da estrada na entrada de Camelle

A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación das obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP-1601, entre os puntos quilométricos 4+200 e 4+425 e que une os núcleos da Ponte do Porto e Camelle, no Concello de Camariñas. As obras, que contan cun orzamento total de 175.122, 54 euros, contemplan a construción de beirarrúas en ambas marxes da vía. Serán sobre elevadas cun ancho medio de dous metros.

Dotarase de beiravías cun ancho medio de 0,5 metros, a realización dunha zona de estacionamento de vehículos en liña na marxe dereita da estrada e a renovación do pavimento mediante o compactado dunha capa de rodaxe a base de mestura bituminosa en todo o ancho da plataforma.

O prazo de execución das obras será de cinco meses contados a partir da sinatura da acta de replanteo e a data límite de presentación de ofertas será o 1 de agosto de 2022.

Comentarios