Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 550 palilleiras encherán de artesanía o pavillón de Vimianzo

Máis de 550 palilleiras encherán de artesanía o pavillón de Vimianzo
Xuntanza de Palilleiras de VImianzo 2017 2 Imaxe da Xuntanza de Palilleiras do ano pasado, con Manuel Antelo probando algunha creación do encaixe Volverá o encaixe encher de bolillos coa celebración da XII Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo, que se celebrará o sábado día 10 de Novembro de 2018. A Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas” de Vimianzo conta coa participación de 550 palilleiras chegadas de todas partes da xeografía galega: Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, San Ciprián, Lugo, Pontevedra, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Porto Novo, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Lousame, Cambre, Arteixo, Coirós, Carral, Noia, Oleiros, Abegondo, Paderne, Padrón, Corme, Paderne, Cedeira, Camariñas… e como non de Vimianzo. O obxectivo da entidade, que ademais quere agradecer o apoio durante todos estes anos do alcalde Manuel Antelo, é “unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía o encaixe”. Así a cita servirá para exhibir os seus traballos e intercambiar experiencias e ideas as /os participantes. O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar. A comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Pastoriza.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-nemanquinas-uniron-as-palilleiras-de-toda-galicia/ https://quepasanacosta.gal/as-palilleiras-ou-o-papel-crucial-da-muller-na-actividade-socioeconomico-da-costa-da-morte/

Comentarios