Manuel Vilar e Lema Suárez expanden o patrimonio costeiro

![Os excursionistas na primeira Ruta Costa do Solpor co Penal do Veo ó fondo (Camariñas) [X.M. Lema]](/media/quepasanacosta/images/2016/02/18/Os-excursionistas-co-Penal-do-Veo-o-fondo-Camari--as-X.jpg)
Poucas veces imos ter a posibilidade de completar unha fin de semana tan patrimonial. Dúas das personalidades máis importantes da nosa cultura afían estes días o verbo, e coidan a gorxa, para disfrutar de senllas ruta patrimoniais pola nosa bisbarra. Xosé María Lema Suárez organiza o sábado a segunda excursión turístico-literaria pola Ruta do Solpor. E o domingo, podemos ter cita con Manuel Vilar en Moraime.
O sábado, pola Ruta do Solpor

Despois do cheo completo da primeira edición, este sábado 20 de febreiro sairá a 2ª excursión da Ruta Costa do Solpor, turístico-literaria. Desta volta as prazas xa están cubertas pois é organizada polo CEFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), o antigo CEFORE (Formación do Profesorado), dependente da Xunta de Galicia, e como tal, dirixida a profesores/as de toda Galicia. Son xa 100 persoas as anotadas procedentes de toda Galicia (o Val do Dubra, Ames, Santiago, A Coruña, Ferrol, Ribadeo, Lugo, Boiro, Pontevedra, Cangas, Moaña…), polo que teñen que facer dúas quendas.
Estas van ser as paradas principais previstas: ruínas do pazo de Boallo (Berdoias) ==> praia da Langosteira (Fisterra) ==> porto de Fisterra e castelo de San Carlos, onde o poeta Alexandre Nerium recitará unhas poesías súas que inspiraron pasaxes da novela ==> punta da Buitra / furna da Buserana / monte Cachelmo ==> xantar nos Muños (Muxía); pola tarde: paso pola Ponte do Porto ==> Alto das Campeleiras (Santa Mariña) e Camelle.
Domingo en Moraime

Manuel Vilar volve para recuperar todo o poder de Moraime. Este domingo 21ás 17:00h e con asistencia libre, a Asociación Turismo Muxía Natural, no seu programa “Febreiro, mes das pegadas de Rosalía de Castro nas terras de Muxía”, propón esta visita guiada a Moraime guiada por Vilar. A visita completarase cun acto literario sobre Rosalía.
Poden inscribirse en muxiaturismorural2015@gmail.com para facilitar a previsión na organización que ademais darán doces e café ao final da xornada.
Novas relacionadas
- Cheo para descubrir a Ruta Costa do Solpor.
- Un berro cultural para restaurar os conxuntos de Moraime e San Mariño de Ozón.
- Recuperando o poder do conxunto de Moraime.
Máis información
- Ruta da Costa do Solpor na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
- A Ruta da Costa do Solpor en www.costadosolpor.blogspot.com.
Artigos de Lema Suárez en QPC
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).