Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula aposta polas limpezas e as visitas de escolares para 2022

Asemblea Mar de Fabula
Mar de Fábula aposta polas limpezas e as visitas de escolares para 2022

Este pasado sábado 16 de xaneiro, e como é preceptivo pola lexislación vixente, a Asociación Mar de Fábula celebrou dende Camelle, a súa asamblea anual. Tivo que desenvolverse de maneira virtual pola pandemia, utilizando aos efectos unha espléndida pantalla de TV de 50” instalada na sede da asociación e adquirida cunha subvención para investimentos da Deputación Provincial.

Na orde do día, despois da presentación do estado de contas, pasouse revista ás actividades ambientais realizadas no 2021 onde as limpezas da ribeira e as visitas de centros de ensino ás instalacións de Mar de Fábula foron os eixos de referencia. Dúas actividades de referencia, e de tremendo impacto, tanto a nivel directo medioambiental, como en concienciación.

De cara ao 2022, as limpezas de praias e coídos seguiràn sendo a carta de natureza da asociación xunto cun decidido pulo para aumentar as visitas de escolares a Camelle para levar adiante actividades ambientais con Mar de Fábula, sempre que a situación sanitaria mellore.
O desenvolvemento de diferentes proxectos, a captación de novos socios e a formación dunha equipa profesional de educadores ambientais da asociación foron outras das liñas de traballo fixadas.

Novas sobre Mar de Fábula

Comentarios