Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño
O fermoso recuncho de Cuño, no corazón de Muxía, fica libre. Libre de lixo plástico gracias aos 21 voluntarios de Muxía, Camariñas e A Coruña, que responderon á convocatoria de aforo limitado feita de maneira conxunta pola Asociación Xuvenil Comarea e Mar de Fábula, e foron limpar por primeira vez o singula espazo. Un lugar formidable pola amplitude da súa xeografía e tamaño dos seus bolos.
Durante 2 horas de intenso traballo apañouse unha boa colleita de lixo mariño que deu para encher 24 sacos de 100 litros coa mestura clásica de envases e botellas de plástico, cabos e anacos de redes, moito anaco de espumas de poliuretano, 8 portas de nasas canadienses, bandexas de membrillo do polvo, latas e botellas de vidro, solas de zapato,etc. etc. etc. e ademáis, 2 estachas grandes que deron moito traballo para sacalas de entre os bolos e subilas á cabeceira do coído. Un enorme volume de lixo plástico que nunca volverá ao mar e que os servicios loxísticos do concello de Muxía levarán ao Punto Limpo para a súa separación e deposito.
A cousa rematou de xeito inmellorable. Sentados na herba, co pano de fondo do Océano Atlántico, contentos pola tarefa realizada, a poetisa Rosalía Fernández Rial, amiga dos membros de Comarea, agasallou coa dozura da súa voz e a forza dos seus versos. Unha mañá inolvidable que ficará para sempre na memoria dos asistentes.
Novas relacionadas
- Agosto 2020: Mar de Fábula pechou o ciclo de obradoiros de reciclaxe deste singular verán.
- Agosto 2020: O porto de Camariñas, un pouco máis limpo gracias aos voluntari@s de Mar de Fábula:
- Xullo 2020: O voluntariado de Mar de Fábula recolle 24 sacos de lixo nos coídos de Coenda e no Corno.
- Xuño 2020: Mar de Fábula retoma a actividade medioambientais
- Xosé Manuel Barros: A invasión do coronavirus e das criaturas caóticas.
- Febreiro 2020: O voluntariado de Mar de Fábula e Comarea rescata 38 sacos de lixo do Coído de Touriñán