Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula limpa a natureza con escolares e voluntari@s

Exif_JPEG_420
Mar de Fábula limpa a natureza con escolares e voluntari@s

Incrible a labor da Asociación Mar de Fábula, que continúa co seu traballo de concienciación e limpezas mediambientais. Esta fin de semana, de feito, ten sesión doble. O venres 4 marzo imos ter en Camelle 40 escolares do Areal de Camariñas, desta volta con dous invitados especiais (Fundación Oxígeno de Burgos e o CEIDA de Sta Cruz, Oleiros); e o sábado 5 van facer unha limpeza de lixo mariño nos coídos de Coenda, Camariñas, coa colaboración da Fundación Oxígeno e o CEIDA.

Actividade escolar

Seguindo o programa de Mar de Fábula de visitas de escolares para realizar actividades ambientais en Camelle, este venres 4 de marzo, darán a benvida a 2 cursos de 5º e 6º de primaria do CEIP O Areal de Camariñas, en total, 40 escolares. Como feito extraordinario dentro desta xornada, actuarán de anfitrions de dúas institucións de recoñecido prestixio que nos visitarán en Camelle ese día: A Fundación Oxígenos de Burgos e o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) de Santa Cruz, Oleiros.

Limpeza

Coído de Coenda
Coído de Coenda

Este vindeiro sábado 5 de marzo, ás 11:00 horas, Mar de Fábula organiza unha nova recollida de lixo mariño nos coídos de Coenda, que en función d súa orientación ao sudoeste, na entrada da ría de Camariñas, acumulan cada ano unha chea de lixo plástico da colleita de inverno que nos devolve o oceáno.

Nesta limpeza terán como invitados especiais a membros da Fundación Oxigeno de Burgos e do CEIDA (Centro de Extensión Universiatria e Divulgación Ambiental de Galicia ) de Sta. Cruz, Oleiros.

O Lugar de encontro: Estrada que leva ao cabo Vilán, no desvío cara a Reira, e compre apuntarse con nome, apelidos e DNI no correo [email protected] ou whatsApp no no 608609042.

Comentarios