mércores. 30.04.2025
El tiempo

As mariscadoras de Camariñas sementan conciencia no IES

Mariscadoras de Camarinas no Proxecto Sisargas do IES Ponte do Porto
Mariscadoras de Camariñas presentando o Proxecto Sisargas do IES Ponte do Porto
As mariscadoras de Camariñas sementan conciencia no IES

Interesante visita, no marco do Proxecto Sisargas (do GALP) no IES Pedra da Aguia. As mariscadoras de Camariña achegáronse ao centro para presentar esta iniciativa que ten por obxecto por en valor os oficios tradicionais das mulleres vinculados ás actividades pesqueiras e a cultura do mar

Nesta ocasión, estiveron dando unha animada charla ao alumnado de 3º da ESO tres mariscadoras da zona, ben coñecidas polos rapaces, que favoreceu a actividade e o bo clima da charla.

Explicaron a diferenza entre o marisqueo a pé e a flote, os tipos de permisos necesarios para realizar o seu labor (no seu caso o “permex”), as zonas e os produtos que se traballan na ría de Camariñas, os materiais empregados na faena e o tempo que adican ao seu traballo, as toxinas que poden dañar o produto e as consecuencias no ser humano, e as dificultades que se atopan a nivel administrativo.
Todo isto nun contexto nefasto para este sector, xa que levan case cinco anos sen actividade por diferentes causas: mala xestión, o COVID, as cicloxéneses explosivas que acabaron coa duna que protexía ás especies que recollían (berberecho e ameixa xapónica e fina, maiormente), o exceso de auga doce das choivas dos últimos tempos e a falta de axudas por parte da Xunta.

Proxecto Sisargas do IES PEdra da Aguia

A actividade resultou moi interesante tanto para o alumnado como para o profesorado asistente. Todos tiveron que facer un test final sobre o que escoitaran, pero ninguén errou as respostas.
 

Máis novas

Comentarios