Venres. 26.04.2024
El tiempo

Maxia para salvar a familia de Tatiana

Maxia para salvar a familia de Tatiana
Gala Benefica en Camelle

Camelle segue demostrando que o seu grao de solidariedade supera todas as fronteiras, e vólcase de novo coa familia do finado José Secundino. Faino organizando un Festival máxico-solidario, organizado por Marcos Baña e o Mago Deimi. Este domingo 14 de xaneiro, e presentando pola polivalente locutora Andrea Rodríguez e o Mago Deimi, a Casa do Alemán de Camelle albergará esta Gala Benéfica que servirá para seguir recadando fondos para mercarlle unha casa á Tatiana (a viuva de José Secundino) e aos seus fillos.

Estarán en escena o ilusionista Martín Camiña, o humorista Tito Róber, a maga Fani Triana e o cantautor Marcos Mella. A cita arrinca ás 17:00h, haberá sorteo de agasallos (como unha camiseta do Dépor asinada, outra do Básket Coruña, caixas de viño, chaquetas da cofradía Confraría de Camelle, e dous lotes de productos de perfumería) e a as entradas solidarias custarán 5€.

Mentres, a conta solidaria segue aberta en Abanca a nombre da Asociación de Veciños A Pergoliña, organizadora de todo . Estes son os datos: – N° de conta ES 13 2080 0080553040008935 (O BIC é CAGLESMMXXX).

Novas relacionadas

Comentarios