Mostra do Encaixe Virtual: A vea comercial que mantén viva una artesanía centenaria
Xa está a pleno rendemento a II Mostra Virtual do Encaixe. Unha Mostra retransmitida polas redes sociais (Facebook “Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña”, polo Youtube “Mostra do Encaixe” e polo instagram @mostraencaixecamarinas) enfocada á vertente máis comercial, a que mantén viva, gracias á moda, unha artesanía con centos de anos de historia, que se completará coa celebración da XXX Mostra do Encaixe a celebrar en outubro.
Trala inauguración, coa presentación do cupón da ONCE, de martes e ata o domingo os postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais.
Os 12 postos que participan e que están a ofrecer os seus produtos de encaixe son: Arte en palla, Asociación Puntillas, Asociación Rendas, Bolillos, Encaixes Arjomil, Encaixes Gelina, Encaixes Lucita, Fiando Miudo, Jataparda, Miñamena, Nemanquiñas e Recanto do Encaixe.
Ademais, en www.mostra.es hai un espazo durante estas datas no que tamén se poderán atopar as ofertadas que dispoña cada establecemento.
”Jóvenes Diseñadores"
Por outra banda, publicarase en diferentes xornadas un vídeo de cada colección do XXVII certame de Jóvenes Deseñadores. Moitos destes foron gravados por alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) en diferentes localizacións do municipio e con modelos locais como protagonistas. Tamén terán o seu propio espazo, entre outros, as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado.
As 24 coleccións que participarán nesta II Mostra Virtual son: ‘Black Tide’, ‘Carrera de Indias’, ‘Daquela que cantan as pombas i as frores’, ‘Déjame encajar’, ‘Denantes mortas que escravas, ‘Enxebre i tradición’, ‘Enxebre II’, ‘Estímulos’, ‘Evol’, ‘Femme’, ‘Fossil’, ‘Honey, Bee Free’, ‘Leo’, ‘Matista’, ‘Passaris’, ‘Samantha’, ‘Sea Lung’, ‘Suspiros Flamencos’, ‘The Beautiful Brut’, ‘The Blue Horse’, ‘Tira y afloja’, ‘Un paseo sereno’, ‘Victoria’ e ‘Zeistmaschine’.
Fotografía histórica
‘Ruth Matilda, A Costa da Morte’, obra do camariñán Víctor Fernández Alves. A través de dúas publicacións recompilará algunhas das fotografías que Ruth Matilda Anderson fixo durante a súa visita a Camariñas hai case 100 anos e nas que mostra aquelas palilleiras que traballaban nas rúas e nas casas a tecer os encaixes.
Novas relacionadas
- 5 millóns de cupóns da ONCE feitos con Encaixe.
- Febreiro 2021: A Mostra do Encaixe terá unha nova edición virtual, centrada na comercialización, durante Semana Santa.
- Xaneiro 2021: A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas será en outubro.
- Abril 2020: A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo
- Mostra 2019: O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda.