Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Mostra de Encaixe xa enche a rede de moda e artesanía

Mostra do Encaixe Virtual 2020
Capturas dalgunhas intervencións no primeiro día da Mostra do Encaixe Virtual
A Mostra de Encaixe xa enche a rede de moda e artesanía

Ferve o Facebook @mencaixedecamarinas. A primeira Mostra do Encaixe de Camariñas - Deputación da Coruña virtual da historia. Baixo o cancelo #MostraVirtual suben e suben vídeos d@s profesionais, polític@s e artesás para manter viva esta histórica cita que pon a artesanía ao servizo da moda máis innovadora.

A primeira xornada celebrada na tarde deste pasado mércores 8 de abril, acolleu a presentación oficial, coas palabras de moitas representantes políticos como a alcaldesa Sandra Insua ou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que “cortaron a cinta virtual”. Unha ocasión para reivindicar o papel da muller na Costa da Morte e un oficio que deu de comer a moitas familias.

A resposta foi moi positiva. Dende a organización contabilizan un total de 31.700 persoas que visualizaron desde os seus fogares os 18 vídeos que se sucederon desde as 16 horas no Facebook da Mostra (@mencaixedecamarinas) e na canle de Youtube do evento.

 

Pasarón pola rede dende as súas casas o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; a xerente do centro de artesanía e do deseño, Elena Fabeiro Castro; o tenente de alcalde de Camariñas, Sergio Caamaño; a concelleira Lara Pasantes; o concelleiro de Deportes de Camariñas, Fabián Canosa; o portavoz do PP de Camariñas, Mauro Aufiero; a portavoz do BNG de Camariñas, Ilva Carril; ademais da vicepresidenta de Peniche (Portugal), Ana Rita Petinga; Jorge Amador, o alcalde de Serra d'El Rei; e Stefano Grassi, alcalde do concello irmandado de Novedrate (Italia).

Despois da carga política, o gran protagonista da Mostra, o modelo Damián Álvarez, daba esta benvida:

De aí tocoulle aos profesionais da moda, con Esteban Freiria, Amaya F. Blanco, Modesto Lomba  

A #Mostravirtual continua

A ‘Mostra Virtual’ contará cunha estrutura parecida á que tería o seu calendario habitual, incluíndo as seguintes franxas: Grandes Deseñadores, Deseñadores moz@s, Artencaixe, Pequencaixe, Xuntanzas Palilleiras, Delegacións Internacionais, Empresas, Artistas, Voluntarios, Stands e Medios de Comunicación.

Pinchade a páxina de Facebook da Mostra e seguide a Mostra dende casa.

Novas relacionadas

Comentarios