Venres. 03.05.2024
El tiempo

Unha muller ferida tras un accidente en Camariñas

Accidente en Camarinas
Unha muller ferida tras un accidente en Camariñas

Esta mañá de venres, arredor das 11:30, unha muller tivo que ser excarcerada tras unha saída de vía sufrida na estrada de Ponte do Porto a Camelle, DP-1601. O seu Volkswagen Polo pegou contra unha taxea e quedou volteado na estrada, sobre o lateral do copiloto. A persoa que estaba no interior fora sacada polo parabrisas do vehículo por un voluntario de Protección Civil e un Policía Local de Camariñas, que romperon o parabrisas do vehículo e a sacaron por aí.

A ferida foi atendida na ambulancia do 061 de Vimianzo e por un médico e enfermeira do centro de saúde de Camelle.

Comentarios