Muros, Laxe e Camariñas presentes na Federación Provincial de Confrarías
09:00 22/09/14
Tiñan lugar esta fin de semana os comicios para os órganos de goberno das Federacións Proviciais de Confrarías de Pescadores. Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores e amosa a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes.
E na da Coruña, hai moitos nomes da zona, saíndo elixidos Daniel Formoso (patrón maior de Muros), como presidente da federación provincial da Coruña. Ademais, na Xunta estarán o laxense Manuel Villar Vidal, tamén do colectivo de empresarios e a camariñá Dolores Bermúdez Iglesias, por parte das traballadoras.
Novas relacionadas
Fonte
- Xunta.