Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Nace Compostimes.com, un medio con sabor á Costa

Nace Compostimes.com, un medio con sabor á Costa
Compostimes nace con acento da Costa da Morte co camariñán Adrián Lijó, o carnotán Darío Domínguez e o vimiancés Alejandro Castro

“O día 10 do 10, nace un xornal 10”. Con este ambicioso lema ve a luz o proxecto Compostimes, un xornal dixital enteiramente financiado e elaborado por estudantes da USC. Co afán de centrarse nun ámbito fundamentalmente compostelán pero sen deixar de lado o resto do mundo, este novo medio pretende aportar aire fresco ao panorama mediático galego. Feito por e para mozos, nas súas pezas conviven sen tensión o humor e a análise profunda. Os artigos de opinión, as entrevistas e as reportaxes sobre temas diversos serán os platos fortes que lle ofrece Compostimes ao seu público.

Ademais da ledicia de que unha iniciativa emprendedora chegue á rede nos tempos que corren, esta nova tócalle de preto a QPC e á Costa da Morte, pois un dos fundadores e mecenas da idea é o camariñán Adrián Lijó (que se dera a coñecer pola súa exitosa participación no progama Dale al Rec, de Cuatro) e un dos deseñadores e "homeparatodo" foi Alejandro Castro, natural de Vimianzo. Ademais, un dos redactores é parte da prolífica Canteira de QPC. O carnotán Darío Domínguez, antigo colaborador da nosa sección de Deportes, cambiará de temática para ocuparse de asuntos políticos en Compostimes.

Desde aquí non podemos facer máis ca mandarlle sorte e todo o ánimo do mundo a estes compañeiros recén chegados á rede.

Máis información

Fonte

  • Redacción de Darío Domínguez para QPC.

comentarios