Luns. 22.04.2019
El tiempo

O alumnado do IES da Ponte e feligreses de Coristanco reparten axuda en Cotolengo

O alumnado do IES da Ponte e feligreses de Coristanco reparten axuda en Cotolengo
Campana Solidaria de Coristanco e IES pedra da Aguia [email protected] so IeS Pedra da Aguia, e feligreses de Coristanco xunto co Arzebispo Julián en Cotolengo

”Pouco entre todos é moito” rezaba o lema da campaña solidaria que arterllaron conxuntamente as parroquias de Coristanco e o IES Pedra da Aguia. Dous puntos que teñen un nexo en común, o párroco e profesor Manuel Mallo.

Pois o lema fíxose realidade e este martes 18 de decembro, rapaces, feligreses e párroco fixeron entrega do recaudado nestas semanas de campaña no Cotolengo (institución da Igrexa que acolle a nenos orfos). Foron recibidos polo Arzobispo Julián, que agradeceu aos rapaces a súa acción e aproveitou para felicitarlles os Nadais tanto a eles, como ás súas familias e profesores do citado Instituto Camariñan. Posteriormente visitaron o museo Catedralicio.

O alumnado regresou satisfeito da súa actividade valorando a cercanía do Arzobispo que placticóu un intre con eles preocupándose polas súas inquedanzas. Pola súa banda o parroco Manuel Mallo e docente en devandito instituto agradeceu a alumnos, compañeiros de claustro, feligreses e empresarios a súa solidariedade en nome dos nenos aos que un ano máis visitou e entre todos axudaron a pasar un mellor Nada

A campaña continúa en marcha ata Reis.

Material entregado en Cotolengo trala campaña solidaria Material entregado en Cotolengo trala campaña solidaria

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/pouco-entre-todos-e-moito-o-lema-da-campana-solidaria-de-nadal-das-parroquias-de-coristanco-e-o-ies-pedra-da-aguia/

Comentarios