Sábado. 07.09.2024
El tiempo

O BNG de Camariñas contra a redución do profesorado e a redución do servizo de correios na Ponte

O BNG de Camariñas contra a redución do profesorado e a redución do servizo de correios na Ponte
IES Pedra da Aguia-Ponte do Porto-Camariñas

Doble sentido ten o comunicado desta semana do BNG de Camariñas. O BNG de Camariñas oponse a unha posible redución do profesorado no IES Pedra da aguía, como xa denunciou Anpa e Dirección. Ademais, critica a redución do servizo ofertado pola Oficina de Correios ubicada na Ponte do Porto.

Polo Ensino Público

Ante a oleada de recortes levadas a cabo polo Partido Popular no sector público, que é o que da servizo e benestar aos veciños/as, o BNG de Camariñas oponse frontalmente á eliminación do profesorado na Ponte do Porto, xa que vai a repercutir negativamente na obtención dunha educación pública, gratuita e de calidade no ensino.

Por un servizo de Correos decente

Por outro lado, o BNG Camariñán quere esixir o mantemento da oficina de correios na Ponte do Porto. E, denuncian a redución de horarios de atención ao público así como que dita oficina carezca de moitos servizos como son: o Franqueo, facturación e de apartados postais que dependen da oficina de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ilva Carril Vázquez, Portavoz Local do BNG de Camariñas.

Comentarios