O BNG de Camariñas critica o adianto do pago da contribución
07:06 23/03/16
O BNG de Camariñas, encabezado por Ilva Carril, denuncia a actitude "dictatorial" do alcalde ao "obrigar unilateralmente e sen levar a comisión de contas" o adianto do pago da contribución - Imposto de Bens Inmobles -. Segundo indican os nacionalistas, durante o presente mes de marzo xa se están a cobrar estes recibos cando o habitual é que se faga no mes de novembro. "Parécenos unha falta de actitude democrática que non se informe a comisión ao pleno nin aos veciños e veciñas de Camariñas", indican os do BNG. Ademais din que estes cobros se están a facer tan só catro meses despois de facer o pago do exercicio anterior.
Por outro lado, o BNG de Camariñas tamén critica a privatización da atención do Museo de Man. Esta medida, que foi aprobada polos membros do PSOE co apoio dos do PP, supón un gasto de 19.420,50€ ao ano e que segundo sinalan "vai ser adxudicado a unha empresa xa coñecida de antemán". Os nacionalistas consideran que este servizo o pode xestionar "perfectamente" o concello e cren que isto suporá un gasto máis para "a deteriorada economía do concello de Camariñas, o que repercutirá unha vez máis na suba de impostos a todos os habitantes".
Ademais, os nacionalistas de Camariñas tampouco apoiou a medida aprobada polos socialistas e os populares de cobrar a todos os veciños e veciñas do municipio unha taxa polas visitas aos museos, exposicións, bibliotecas e monumentos.
Fonte
Redacción QPC (info