Sheila Cotelo toma o relevo de Javier Calvelo no PP carballés

O grupo municipal do Partido Popular de Carballo comunicaba onte que Javier Calvelo renunciou a súa acta como concelleiro de formación popular por motivos laborais e Persoais. Os populares comunicaron tamén que será Sheila Cotelo Lado a que ocupará o seu lugar como integrante do grupo en canto tome posesión no próximo pleno local.
O voceiro e deputado local, Rubén Lorenzo aproveitou a acasión para agradecer o labor realizado ata a data por un compañeiro á que cualificou de “traballador” e “moi comprometido” co seu labor á hora de traballar pola veciñanza de Carballo, en concreto, pola súa parroquia de Entrecruces. O xa ex concelleiro popular seguirá vinculado ao PP carballés, pero centrará, a partir de agora, os seus esforzos en levar a
cabo o seu proxecto empresarial baseado na ampliación dunha explotación gandeira.
Pola súa banda, Cotelo, que, previsiblemente tomará posesión no pleno de xullo, traballa como técnica de integración social e é graduada en dirección e xestión pública, con premio extraordinario de fin de carreira.