Martes. 29.11.2022
El tiempo

O BNG de Camariñas demanda máis medios para loitar contra o furtivismo

O BNG de Camariñas demanda máis medios para loitar contra o furtivismo
A agrupación local do BNG de Camariñas vén de denunciar, a través do seu voceiro Manuel Camiño, a situación que están a sufrir os percebeiros de Camelle pola actuación dos furtivos. Os nacionalistas solidarizáronse coa Confraría de Camelle e cos seus vixilantes, que segundo contan “están a sufrir as ameazas e os ataques constantes dos furtivos”. I é que o Patrón Maior da Confraría xa sufriu danos no seu vehículo. Camiño demandou á Consellería do Mar “máis medios materiais e humanos para a Confraría de Camelle para poder combater o furtivisimo”. Outro dos puntos nos que se centran os nacionalistas camariñáns é na presenza de inspectores e na vixilancia da comercialización dos percebes roubados polos furtivos, sobre a que consideran que debe ser “constante”. En declaracións a Radio Nordés, Manuel Camiño prantexou un endurecemento das penas aos furtivos, xa que segundo dixo, “Aquí hai uns vixilantes e non teñen autoridade. Non son unha autoridade como a Garda Civil ou a Policía, que no caso de desobedecer ás súas ordes poden ser sancionados incluso con penas de cárcere.” Máis sancións O voceiro nacionalista afirmou que “as sancións administrativas e as multas, en moitos casos non conducen a nada porque co que se obtén da venda do percebe acádase unha cantidade maior que os cartos da multa”. Camiño avogou por unhas sancións económicas máis altas que cheguen incluso ao embargo de propiedades en caso de impago. O responsable local do BNG tamén lembrou que as rochas onde se extrae o percebe “son coma unha propiedade privada dalguén que está vixilando o crustáceo todo o ano”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Camariñas.

comentarios