domingo. 15.06.2025
El tiempo

O BNG de Camariñas lanza unha campaña da man dos sectores produtivos

O BNG de Camariñas lanza unha campaña da man dos sectores produtivos
O BNG de Camariñas lanza unha campaña para cos sectores produtivos

A pesca, o marisqueo, o comercio local e o turismo como motor do Concello de Camariñas. Ese é o sentido da campaña que vén de presentar o BNG de Camariñas. Unha campaña para "coñecer as dificultades polas que está atravesando o noso tecido productivo, co fin de apoiar aos sectores básicos da nosa economia local".

Para elo, e similar ao proxecto do BNG fisterrán, durante os vindeiros meses vanse a desplazar a localidade palilleira deputados/as do BNG e expertos na materia co fin de manter un encontro cos traballadores e cos representantes locais para coñecer as eivas e dificultades polas que está atravesando estes sectores, ademáis de dar a coñecer as nosas propostas e iniciativas levadas a cabo.

A primeira actuación que se vai levar a cabo será o vindeiro xoves 31 coa visita da Eurodeputada do Bng, Ana Miranda, a conserveira Cerdeimar para visitar as instalacións e dar a coñecer a dirección as iniciativas tomadas polo BNG en Europa para salvagardar a nosa industria da conserva.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Camariñas.

Comentarios