Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Club Náutico de Camariñas move ficha

O Club Náutico de Camariñas move ficha
Descenso Kaiak da Ponte do Porto 1 O Club Náutico de Camariñas sobe no kaiak, para seguir a estela do Descenso da Ponte do Porto

Varias novidades presenta estas semanas o Club Náutico de Camariñas.

A entidade abre unha nova sección deportiva de Xadrez, que estará coordinada por Alberto Luaces e José M. Olveira, e onde poderan inscribirse os socios/as, así como os fillos/as e netos/as de socios/as, co fin de ir formando un grupo humano de variadas edades e coñecementos, para chegar a formar un equipo e competir nas ligas da Costa da Morte e noutras ligas si nos fora posible, así como nas ligas internas que se van a crear a tal efecto, ademáis de ir preparando e formando aos máis pequeniños/as neste xogo apaxionante do Xadrez.

Ademais, os directivos do Club, Alberto Ayora e Alberto Luaces, están mantendo conversas e negociacións con distintas entidades deportivas para poder presentar sobre Semana Santa, a nova sección deportiva de Piragüismo do Club Náutico, e por elo, esperase que nos próximos meses podamos dar información puntual sobre esta sección aos socios/as e ir así conformando o interese dos máis pequeniños/as para formarse nesta disciplina deportiva.


Todos os socios/as así como os seus fillos/as e netos/as, interesados en formar parte desta nova sección deportiva, poden inscribirse na oficina do Club (de luns a venres, de 18,00 h. a 20,00 h.) ou ben ao móbil: 618 950557.

Cea de Nadal dos socios/as

O vindeiro 22 de decembro, terá lugar a tradicional Cea Baile de Nadal dos socios/as da entidade, e onde ademáis de entrantes e cocido galego, poderase disfrutar da música dun bó Dúo musical.
Os socios/as interesados en acudir a Cea baile do Nadal, poderan reservar praza (Socio +acompañante) ata o 19 de decembro ás 20,00 h., ben acudindo ao Bar Náutico ou chamando ao móbil: 618 950557.

Comentarios