"Merca, rasca e gaña" é o nome da nova campaña do pequeno comercio de Camariñas que porá en marcha ao longo do mes de decembro co fin de incentivar as compras nos establecementos comerciais. Aqueles clientes que merquen nos sitios sinalados recibirán un "rasca" con premio seguro por cada 20€ de compras.
Nesta iniciativa - que conta coa colaboración da concellería de Comercio e Turismo - participan 40 establecementos repartidos por todo o termo municipal e distintos sectores (calzado, encaixe, roupa e complementos, deportes, librerías, florerías, farmacias, electrodomésticos, froitas, fotografía e golosinas).
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)